Misión
Somos o Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO), a asociación sen ánimo de lucro de autores e editores de libros, revistas, xornais e partituras, editadas en calquera medio e soporte.
Encargámonos de defender e de xestionar de forma colectiva os dereitos de propiedade intelectual que se derivan da utilización secundaria (reprodución, distribución, comunicación pública e transformación) destas publicacións.
En 1988, fomos autorizados polo Ministerio de Cultura para levar a cabo esta actividade.
A nosa misión é representar e defender os lexítimos intereses de autores e editores de libros e publicacións periódicas, facilitando e promovendo o uso legal das súas obras.
Funciones
- Autorizar. Ofrecemos solucións a través do noso sistema de licenzas que permiten reproducir -mediante fotocopia ou de forma dixital- e compartir as copias das obras do noso repertorio en empresas, ámbitos educativos e institucións. Máis información en www.conlicencia.com
- Xestionar. Xestionamos a compensación equitativa por copia privada para autores e editoriais, a remuneración polo préstamo público para o colectivo de autores, a remuneración por determinados usos en universidades e calquera outra remuneración á que teñan dereito por lei.
- Remunerar. Facémoslles chegar aos autores e editores as cantidades que lles corresponden pola utilización secundaria das súas obras, que proveñen do noso sistema de licenzas e da xestión da copia privada, do préstamo público, así como de calquera outra remuneración á que teñan dereito por lei.
- Representar. Defendemos os dereitos e os intereses de autores e editores ante institucións e organizacións, nacionais e internacionais, e nos tribunais de xustiza.
- Informar. Formamos, informamos e asesoramos sobre os principios da propiedade intelectual.
- Apoiar. Contribuímos ao desenvolvemento de actividades e servizos de formación, promoción e asistencia para autores e editoriais.
Valores
- Eficiencia na nosa xestión.
- Transparencia na nosa actuación.
- Responsabilidade nas nosas relacións.